miércoles, 1 de octubre de 2014

SESIÓNS LITERARIAS EN 1º A

Durante a "hora de ler" estamos levando a cabo sesións literarias grazas aos libros que lles pedimos aos rapaces e rapazas que trouxeran da casa.
Como polo de agora a lectura, en silencio e de xeito individual aínda non lles atrae, aproveitamos para dar comezo a estas tertulias literarias. É un momento no que algún dos nosos compañeios ou compañeiras conta a historia do libro que trouxo e que tanto lle gusta.
Algúns optan por lelo, outros, en cambio, prefiren deleitarnos coa súa versión sobre os feitos. Este último, é o caso de Lucas, quen nos animou co conto titulado Caillou viaja en avión e aproveitei para gravalo porque, ademais de non ter desperdicio, é un claro exemplo de como o importante neste momento non é tanto ler correctamente como si interesarnos polos libros, a lectura e as aventuras que nos contan. Adiántovos que non hai pilotos e azafatas de avión senón directores e directoras... Síntoo,  pero era demasiado longo e pesaba moito polo que só está un trociño do conto.







No hay comentarios:

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails