sábado, 28 de marzo de 2015

EU PASEI 8 RETOS

O xoves pasado tivo lugar o acto de entrega das bandas e premios o alumnado de 1º A que pasaron 8 ou máis retos. Os meus parabéns a tod@s.

RATOS DE QUEIXIÑOS

A semana pasada elaboramos unha receita moi sinxela e curiosa. Como vos imaxinades tiña forma dun animal; o rato. Gustaron bastante, pero sobre todo gustounos facelos. Aquí os podedes ver




viernes, 20 de marzo de 2015

VISITA AO SALÓN DO LIBRO DE PONTEVEDRA

O pasado xoves 19 fomos ao Salon do Libro. Este ano esta dedicado á ciencia ficción e nos falaron, entre outras cousas, das constelacións, de Newton, do espazo, da relación entre a ficción dos contos e a ciencia etc.
Animámosvos a visitalo calquera destes días
Este víde e da visita de 1º A e metade da aula de 1º C, xa que nos dividiron para levar mellor a visita

<iframe width="560" height="420" src="http://www.kizoa.com/embed-18920702-6006129o1l1" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>

VALORES SOCIAIS E CÍVICOS: OS AVÓS E AS AVOAS

Durante os meses de febreiro e marzo estivemos traballando ao redor das figuras dos nosos avós e avoas.
Aprendimos unha canción, trouxemos fotos da casa e vídeos e amosámolas na aula, fixemos unha pequena árbore xenealóxica... incluso, un dos nosos avós, quixo vir ao cole a contarnos como foi a súa vida.
Aquí vos deixamos un pequeno vídeo.




Como dixemos, CARLOS o avó de Noa e Paula de 1º A veu a visitarnos e contunos un montón de cousas da súa vida. Por exemplo que os seus pais tiñan un muíño cunha panadaría en Sigüenza e explicounos como se facía daquelas o pan. Nós aproveitamos para facer  pan na aula e, non sabedes o rico que nos soubo! Estas son as mellores actividades!.
Moitas grazas á familia de Paula e Noa pola vosa implicación e sobre todo a Carlos por pasar con nós un momento tan especial.



martes, 17 de marzo de 2015

VISITA Á BIBLIOTECA DE REDONDELA

Invitáronnos a ir a coñecer a biblioteca de Redondela e logo vimo un espectáculo de maxia, que nos gustou moitísimo. Animádevos a ir pola biblioteca, hai moitas sorpresas esperándovos.

lunes, 16 de marzo de 2015

EXPOSICIÓN: VEXO ANIMAIS POR TODAS PARTES

Baseándonos no libro Imaxina animais da editorial Kalandraka creamos a exposición Vexo animais por todas partes! Consiste en ver os obxectos que nos rodean desde outra perspectiva. Temos que deixarnos levar pola nosa imaxinación e ver formas de animais en utensilios, froitas, envases etc que nos rodean.
Este libro ensínamos, por exemplo, que un sacacorchos é un moucho, un interruptor da luz un pingüín... 
Nós xa empezamos a imaxinar e descubrimos o CEPIRIZO, a XIRAFANTA, e a EAU de PORCO.
Invitámosvos a ver a nosa exposición no centro ou neste vídeo, pero, sobre todo, a que nos axudedes a aumentala coas vosas creacións.




viernes, 13 de marzo de 2015

FIXEMOS PAN

Seguindo coas nosas experiencias de aprender as cousas en clase facéndoas nós mesmos, aprendimos como se fai pan coa profe Marina Martínez. Ensinounos cales son os ingredientes necesarios e que cantidades tiñamos que botar de cada un. Logo deixamos que a panificadora fixera o seu traballo e a última comimos o pan. ¡¡ Estaba boísimo¡¡



domingo, 1 de marzo de 2015

ANA ALONSO FAINOS UNHA VISITA

A semana pasada estivo no noso centro Ana Alonso a autora do libro Robo en el circo. Contounos como se fixo escritora, cando empezou a escribir relatos, por que se dedica a isto... e contestou a moitas preguntas interesantes que lle fixemos. Ademais, asinounos os nosos exemplares.

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails