domingo, 24 de mayo de 2015

TULIPÁNS

Como estamos a ver moitas cousas sobre as plantas, entre outras actividades, elaboramos uns tulipáns con caixas de ovos, plastilina e pauciños de brochetas. Quedáronnos chulísimas. Ademais, a profe Paz contounos o conto do tulipán que non quería crecer como Peter Pan e acompañouno con instrumentos musicais. Grazas profe Paz.



O CAZO DE LORENZO

O  mes de maio dedicámosllo á DIVERSIDADE e que mellor maneira de facelo que xutando as clases de Valores cívicos e sociais e de relixión.  Comezamos lendo o conto do Cazo de Lorenzo e a partir del pensamos nas dificultades que algunhas persoas teñen cada  no día a día e tamén nos demos conta que todos temos algunha (os nosos cazos) e intentamos buscarlles unha solución (os bolsos). Ao final quedounos un mural chulísimos que temos no corredor de 1º. Podedes pasar a lelo cando queirades.




miércoles, 13 de mayo de 2015

PROXECTO IOGUR

Estes días estivemos aprendendo como se fai o iogur, mesturando leite e iogur e usando una iogurtera. Tamén vimos como se fai co hongo da leite, chamado kéfir. Probámolo e vimos as diferenzas de sabor e textura e tamen que está moi bo con azucre.

CARREIRA SOLIDARIA

Oxe pasámolo moi ben correndo na alameda e vendo correr os nosos compañeiros, somos uns grandes deportistas. Enhoraboa a tod@s!

COÑECENDO INSTRUMENTOS

jueves, 7 de mayo de 2015

AS PLANTAS

Como sabedes en primeiro estamos co tema das plantas en ciencias naturais. Unha das actividades que levamos a cabo todas as aulas de primeiro foi a de plantar unhas leitugas reciclando os envases dos cartóns de leite.
Contamos con facer unha ensalada para xuño pero co que está chovendo... non sei se non se estragará toda a plantación!
Na nosa aula tamén estamos a facer un experimento para comprobar se é certo iso de que as plantas necesitan sol e auga para viviren. Temos 3 plantas; unha está metida no armario e non lle dá o sol pero regámola, outra dálle o sol pero non a regamos e outra coidámola poñéndoa ao sol e regándoa. Cal delas vivirá? Morrerá algunha? Cal pimeiro?... Polo de agora as 3 están moi ben pero só levamos unha semana co experimento.


EMOCIONES: LA IRA

martes, 5 de mayo de 2015

lunes, 4 de mayo de 2015

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails